jueves, 16 de abril de 2020

O PREZO DO GRATUÍTO



Trátase dun bo vídeo porque está moi claro o que se quere dicir, inténta explicar da maneira máis sinxela posible o que sucede, para concienciarnos do perigo de Internet e de como se fan ricos a costa nosa. A forma de facerse ricos é mediante o produto do valor da puxa pola calidade así, a parte de ser unha especie de árbitro, decide o prezo final.


Déixovos o vídeo no 22:30 porque paréceme moi curioso que se crease Google mediante unha enquisa e un conxunto de logaritmos e que se pasase de facilitar a búsqueda de información á xente a recabar máis datos persoais dos que nos cremos.



Eu penso que cada un de nós debería poder xestionar os seus datos ao igual que os seus cartos, o seu traballo, o seu tempo de ocio... Ninguén ten dereito a observar os nosos movementos, sen o noso permiso.



O que máis me sorprendeu deste vídeo foi a frase da presentadora cando di que ao colgar, ou simplemente buscar algo en internet estamos a dar información nosa. Isto é xustamente o que non me gusta. Porque un dos dereitos fundamentais das persoas é o dereito á privacidade. Sinceramente eu penso que a xente está concienciada en que é un perigo máis descoñecen o porqué. Por iso eu recomendo este vídeo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENQUISA

Cargando…